A Camiñada Cortegada de Baños superará os 200 inscritos

O éxito acadado nas catro primeiras edicións da Camiñada Cortegada de Baños anima ó Concello a organizar de novo esta actividade, prevista para mañá domingo. O número de inscritos ata o momento alcanza os 220, se ben aquelas persoas que desexen apuntarse ao evento, poden facelo o mesmo día a partires das 08,00 horas.
A quinta andaina dará comenzo ás 09,00 horas. Os participantes percorrerán 21,5 quilómetros, durante os cales haberá tres postos de avituallamento, con bebida e froita para repoñer forzas.

Asemade, haberá unha variante optativa que reduce o trazado en máis de sete quilómetros. Unha opción que se pode escoller fácilmente xa que todo o recorrido estará señalizado.

Ao remate, os participantes poderán xantar no Pavillón Marta Míguez, onde disporán de servizo de duchas. Asemade e, como colofón, levarase a cabo o sorteo de varios regalos entre os presentes.

O Concello de Cortegada invita a apuntarse nesta V Camiñada Cortegada de Baños e coñecer unha parte deste municipio por onde se marcou o recorrido.

Te puede interesar