Unha campaña promociona os viños do Ribeiro en Santiago

Os viños da Denominación de Orixe Ribeiro terán un protagonismo especial esta fin de semana nas principais tabernas e bares de Santiago de Compostela, dentro da campaña 'O Ribeiro de Copas'. Por vez primeira, un total de 18 adegas se presentarán na capital de Galicia nunha iniciativa encamiñada a favorecer o acceso das grandes marcas do Ribeiro á hostelería e ó consumidor compostelán;
Así, 'O Ribeiro de Copas' extenderase do 7 ó 9 de xuño e o consumidor terá a oportunidade de degustar un total de 29 marcas (18 de branco e 11 de tinto), en 18 establecementos hosteleiros de Santiago. De xeito paralelo, unha 'Sota de copas,' fará preguntas relacionadas coa Denominación, para sortear 18 viaxes de dúas persoas á comarca do Ribeiro.

Te puede interesar