Castrelo de Miño acolle un encontro de Protección Civil

Ademais de talleres, os voluntarios celebrarán un acto de recoñecemento ás agrupacións pola labor na pandemia

O Concello de Castrelo de Miño acollerá a V Xornada de Convivencia de Agrupacións de Voluntarios de Protección Civil de Ourense. O encontro terá lugar o próximo 23 de outubro, a partir das 9,30 horas, no Parque Náutico de Castrelo de Miño.

O programa formativo esta dedicado a temas de interese para as agrupacións, como son os primeiros auxilios coa participación de Ambulancias Sil e o 061, a busca de
persoas desaparecidas a través da Unidad Cinológica da Guardia Civil, utilización de motos de auga e drons en rescates acuáticos coa explicación da Unidade de Drons dos Bombeiros da Mancomunidade de Terra de Celanova, a presenza do Grupo Especial de Actividades Subacuáticas-GEAS- que exporán o seu material e detallarán as técnicas de rescate no medio fluvial, o manexo dunha bomba de achique de gran caudal, o despliegue de barreiras anticontaminación a través do Grupo de Apoio Loxístico e Intervención da Axencia Galega de Emerxencias, ou o manexo dun vehículo anfibio que impartirá o novo GES de Maceda. A fórmula empregada é a realización de talleres con diversos grupos reducidos e conducidos por profesionais.

Os participantes tamén visitarán varias adegas e celebrarase o acto de recoñecemento da labor feita na provincia durante a pandemia polas agrupacións, que realizaron máis de 60.000 operativos.

Te puede interesar