O comercio de Ribadavia sortea regalos entre os seus clientes

O Centro Comercial Aberto do Ribeiro inicia unha campaña promocional con motivo da próxima celebración da Feira do Viño. Dende onte están a disposición dos clientes nos establecementos asociados as rifas para un sorteo dunha viaje pra dúas persoas no tren dos viñedos, que entra dentro da programación complementaria da feira. Os agraciados poderán disfrutar despois da viaxe dunha comida a base de marisco acompañado de un viño do Ribeiro no mesmo recinto feiral.
O Centro Comercial Aberto tamén sorteará entradas dobles para asistir ós obradoiros de cociña previstos para os días 4 e 5 de mayo, ademáis de pasaxes dobles para facer o percorrido no tren dos viñedos durante esas dúas xornadas.

'Con esta campaña queremos promocionar a nosa comarca, o viño e o noso comercio', declararon os comerciantes.

Te puede interesar