A colleita situarase na media da denominación, con 14 millóns de quilos, e os traballos intensificaranse nos vindeiros días

O Consello Regulador do Ribeiro incrementa os controis na vendima

No Ribeiro xa comezaron a vendimar. (Foto: MARTIÑO PINAL)
O Consello Regulador da Denominación de Orixe Ribeiro dispón para esta vendima de 37 vixiantes, algúns máis que o pasado ano, debido a que haberá máis puntos de control de calidade, facilitando así o traslado da uva ás adegas e xerando unha recollida ordenada e selectiva, segundo a evolución na maduración das distintas zonas da denominación de orixe. Na xornada de onte, o número de adegas abertas, que estaban recollendo a uva, eran 15.
'Grazas á sanidade que presenta a uva e ao tempo razoablemente estable que nos acompaña así como á certa heteroxeneidade observada na maduración dos distintos viñedos, a vendima estase facendo coa tranquilidade que precisa, recollendo selectivamente só a uva dos viñedos e variedades máis temperás que xa teñen acadada unha óptima maduración', puntualizaron os técnicos do Consello Regulador.

En canto á etapa forte do período de vendima, segundo os controis de maduración e o ritmo de apertura das adegas, salvo inclemencias meteorolóxicas adversas, será na vindeira semana, onde se conta que tódalas adegas da Denominación de Orixe estean abertas.


CLIMA

Por outra banda, este ano, para romper a dinámica das últimas tres campañas con colleitas pequenas debido a chuvias durante a floración , agárdase unha colleita próxima á media da denominación de orixe, que roldará os 14 millóns de quilos. Os técnicos referíronse á calidade, puntualizando que 'polos controis realizados será cando menos moi boa, xa que as uvas presentan una maduración óptima con mostos equilibrados, sans, frescos e aromáticos e os procesos de elaboración estanse a desenvolver con normalidade'.

O clima que caracteriza á denominación de orixe Ribeiro é de transición entre Atlántico e Mediterráneo e este ano márcase un pouco máis o segundo, 'o que consecuentemente se trasladará ás características organolépticas dos viños, que en termos xerais tenderán a ter sensacións maduras con aromas que lembrarán predominantemente a froitas e terán bocas sabrosas e equilibradas', matizaron os expertos do Consello Regulador desta denominación.

Desta maneira, o tímido comenzo das labouras de vendima, centrándose naquelas zonas na que a uva está más madura, dará paso na próxima semana o esforzo colectivo dos productores para recoller unha colleita en boas condicións e tamén abundante, rompendo coa tónica das últimas campañas, aínda que sin sobrepasar a media en quilos de uva, según puntualizou o Consello Regulador, onde a defensa da calidade e das variedades autóctonas prevalece sobre a cantidade.

Te puede interesar