O festival ukelele Ukp Day recupera o formato orixinal

Alondra Bentley, os galegos Helen & Shanna e o portugués Julio Turquesa, entre os primeiros confirmados desta sexta edición do festival de ukelele, Ukp Day, que vai ter lugar o próximo 4 de xuño no Castelo de Ribadavia.

Despois do formato reducido do ano pasado, esta nova edición volve apostar por despregar o festival na totalidade do recinto interior do Castelo de Ribadavia. Ademais, tamén se recupera o programa de actividades complementarias como os obradoiros e as intervencións artísticas, entre outros.

Ukp Day é un deses festivais con encanto, que apostan por contidos diferentes, xa que os artistas adaptan o seu repertorio ao ukelele, ou cavaquinho portugués, ofrecendo así unha experiencia única nun marco incomparable como é o Castelo medieval.
Esta edición volve ter no Concello de Ribadavia o seu principal impulsor e promotor, apostando polo festival como actividade indispensable dentro do seu programa cultural.

A sexta edición do Ukp Day vai ter lugar en horario de tarde, a partir das 17,00 horas e cunha entrada de pago a un prezo popular de 5 euros, que será de balde para os menores de 12 anos. Tamén conta coa colaboración da Xunta de Galicia para difundir as ventaxas do Carné Xove, ofrecendo un 50% de desconto na entrada para a xente máis nova, e de Cervezas Alhambra 

Te puede interesar