Mostra sobre a curta 'Cerdos no son caballos' en Ribadavia

A Casa da Xuventude de Ribadavia ten aberta ó público ata o próximo 15 de abril a exposición do material empregado na curtametraxe de animación 'Cerdos no son caballos', en horario de 10,00 a 14,30 horas, luns a venres e pola tarde tamén os luns de 19,30 a 20,30 horas e o mércores de 20,00 a 21,00 horas. A exposición compleméntase coa proxección da curtametraxe.
'Cerdos no son caballos' é unha iniciativa europea que consiste na produción dunha curtametraxe de animación que versa sobre o gran peso que os dereitos humanos posúen para conseguir unha educación cultural óptima na sociedade. Trátase dunha iniciativa do programa 'Juventud en acción'.

A curtametraxe pretende provocar unha reflexión individual que pode ser positiva para persoas que a cotío non se cuestionan certas problemáticas, segundo indicaron os responsables da Casa da Xuventude de Ribadavia.

Te puede interesar