O Ribeiro

As mulleres buscan novos negocios para o medio rural

photo_camera Xornadas de Desenvolvemento Rural, onte no Balneario de Laias.

Máis de 150 mulleres asistiron ás mesas de traballo organizadas por FEMURO en Laias

A Federación Provincial de Mulleres Rurais de Ourense (FEMURO) desenvolveu durante este pasado fin de semana as Xornadas de Desenvolvemento Rural, contando coa colaboración da Dirección Xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica e o Fondo Social Europeo. No día de onte, máis de 150 mulleres participaron nas mesas de traballo nas que se abordaron os “Novos aproveitamentos do medio rural” e  "Agricultura ecolóxica: conservas”.


A directora xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica, Amparo González, repasou as iniciativas en materia de conciliación e apoio ás familias, referíndose o bono coidado no rural e as "casas niño" para apoiar ás parellas con fillos en contornos non urbanos ou que non teñan acceso a unha escola infantil cerca do territorio onde viven. 


A secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella, encargábase de clausurar as xornadas que tiveron lugar no Balneario de Laias, destacando a importancia de seguir traballando na promoción do emprendemento das mulleres no rural e na procura de nichos de riqueza inexplorados no sector para o seu aproveitamento. Recordou tamén que o VI Plan galego para a igualdade de mulleres e homes inclúe o “aproveito do talento feminino”, para acadar unha maior participación de mulleres no desenvolvemento económico e social de Comunidade autónoma

Te puede interesar