As mulleres do Ribeiro coñecerán o xeito de crear unha cooperativa

O salón de actos da Mancomunidade de Concellos do Ribeiro organiza na tarde de hoxe unha xornada adicada ó fomento do cooperativismo entre as mulleres da comarca.
Na sesión, que dará comezo ás 18.00 horas na sede do Fondal de Beade, expertos da Dirección Xeral de Relacións Laborais da Xunta explicarán ás asistentes os trámites para a constitución dunha cooperativa e as axudas institucionais que se convocan anualmente para estas empresas de capital e beneficios compartidos.

Castrelo acolle unha xuntanza de vehículos


O complexo naútico de Castrelo de Miño acollerá o vindeiro domingo a terceira edición da ‘Concentración de vehículos clásicos’, que se abrirá cun percorrido dos participantes dende a localidade de Reza (Toén) ás 10.45 horas, e pecharase cunha exhibición ás 16.30 horas. A organización ten previsto conmemorar o 40 aniversario da posta en circulación do Simca 1.200 e os 30 anos da victoria do vigués Pío Alonso cun vehículo similar no ‘Rallye Firestone’ no ano 1979.

Te puede interesar