Un muro perigoso preto do pavillón de Ribadavia

<p></p>
photo_camera O desprendemento do muro situado na rúa Eduardo Chao.

O PP reclama o seu arranxo e o Concello dí que está a buscar ó propietario

O portavoz do grupo popular no Concello de Ribadavia, César Fernández Gil, critica a "pasividade" do alcalde socialista, Ignacio Gómez, ante a caída dun muro no perímetro do recinto do pavillón situado na rúa Eduardo Chao, un recinto de uso compartido polo Concello e a Consellería de Educación. Fernández sinalou “que malia a que a caída do muro produciuse xa hai varios días, o alcalde aínda non fixo nada por resolver este problema nin por asegurar a zona para evitar novos desprendementos”. E engade que “demostra así que non lle preocupa a seguridade dos cativos".

O portavoz popular afirma que o alcalde "non se molestou siquera en asegurar a zona e acordonala para evitar riscos á veciñanza". Ademais, sinalou que “a situación é de extrema gravidade, xa que se corre o risco de que se produzan novos desprendementos”. Por iso, o PP solicitou ao alcalde “a inmediata actuación dos servizos municipais para proceder a asegurar a zona e, ademais, proceder de xeito inmedito ao arranxo do muro".

Ignacio Gómez mostrábase indignado ante as manifestacións do portavoz do PP no referente á seguridade, e por iso "espero que rectifique". Engade que Educación lle pediu axuda e que encargou un informe á Policía Local, que se notificará ao propietario para que o repare, unha vez que se localice, asegurando tamén que xa se vallou para evitar riscos.

Te puede interesar