As actividades do verán para os cativos incidirán na música e na Mostra de Teatro

Obradoiros para conciliar a vida familiar e laboral

Unha gran parte das actividades desenvolveranse no colexio público da Alameda. (Foto: MARTIÑO PINAL)
O Concello de Ribadavia programa para xullo actividades lúdicas e formativas dirixidas ós escolares que teñen como obxectivo promover o aprendizaxe xogando e a conciliación familiar e laboral para os pais. 'Decantámonos este ano polos obradoiros porque tamén queremos vincular o seu ocio ás raíces e costumes da sua vila, por elo quixemos facer cadrar estas actividades coa Mostra Internacional de Teatro e ir formando ós cativos nas artes escénicas e musicais, que tanto arraigo teñen', apuntou o alcalde, Marcos Blanco.
Para a súa organización, o Concello conta co gabinete psicopedagóxico 'Aula', que desenvolverá entre os días 1 e 5 o primeiro obradoiro que versará sobre actividades deportivas (circuitos, gincanas, competicións e xogos, entroutros).

A segunda actividade prevista será un aula musical, onde o cativo atoparase co mundo relacionado cos bailes, cancions, ritmos e sons, e así poderá despertar o interese do neno hacia a música. Será do 8 ó 12 de Xullo. O seguinte, do 15 ó 19, é un aula de creación, na que aprenderán técnicas diferentes na utilización de todo tipo de materiais.

Por último, dende o 22 ó 26 de xullo, un obradoiro estará íntimamente ligado a Mostra Internacional de Teatro Ribadavia, será un aula onde se intentará facer a montaxe dunha representación teatral e participar nalgún espacio da MIT. O coste será de 40 euros, con descontos para os que participen en máis dun taller.

Te puede interesar