Polémica polas obras nunha vella minicentral

A empresa 'Hidroeléctrica del Avia' (con sede en Beasain?Euskadi-) está a levar a cabo obras autorizadas pola Confederación Hidrográfica do Miño-Sil e polo Concello de Ribadavia na beira dereita do Avia, á altura da área recreativa da Veronza, en concreto no entorno da caseta da antiga central hidroeléctrica que leva en torno a 50 anos sen funcionar. Ditas obras correspóndense cun muro na parte anterior á caseta, a modo de barreira que impida o paso de auga á mesma, e no dragado dun treito da beira do río duns 20 metros de longo na parte posterior.
O grupo municipal do BNG en Ribadavia sinala que o propósito último da empresa, 'segundo consta na autorización da Confederación Hidrográfica para os actuais traballos, é o da rehabilitación do propio aproveitamento hidroeléctrico, para o cal ten presentado proxecto'.

O portavoz nacionalista, Anxo Collarte, anunciaba que 'estudiaremos dito proxecto e rexeitamos calquera actuación no cauce do Avia (desvíos de caudal, dragado do cauce, recrecemento do muro, etc) para incrementar o aproveitamento do caudal de auga que pasa pola antiga central'. Nese senso, instan ó Concello a que negue calquera licenza de obra que supoña o incremento dos volumes da antiga central ou a construción de novas instalacións nos seus terreos anexos.

O concelleiro de Servizos Públicos, Ignacio Gómez, matizaba que a obriga do Concello é a de vixiar para que as intervencións que se fagan se axusten á legalidade. Parte da base de que a empresa ten o permiso da Confederación Hidrográfica do Miño-Sil e que non está realizando ningún engadido. 'Se levantara a presa seríamos os primeiros en protestar, pero se cumple a lei non podemos facer nada, e non hai constancia de ningunha irregularidade', sinala Gómez.

Te puede interesar