Un proxecto completa o saneamento en Cortegada

Un total de 20 pobos de Cortegada verase beneficiado polas obras de instalación de colectores e unha estación depuradora, nas que a Consellería de Medio Ambiente inviste 790.000 euros. O alcalde Avelino de Francisco sinala que ’con iste proxecto queda completado o saneamento no municipio’.
A xunta de goberno local de Cortegada aprobou o proxecto técnico para a instalación de colectores e unha estación depuradora de residuais nas parroquias de Refoxos e Zaparín, dúas das sete que integran iste municipio da comarca do Ribeiro.

As obras consistirán na creación dunha rede de canalizacións que recollan as augas fecais dos 14 núcleos de poboación existentes na parroquia de San Breixo de Refoxos e dos seis pertencen tes á parroquia de San Martiño de Zaparín, e que conducirán os residuos ata unha nova estación depuradora.

Financiación

O alcalde de Cortegada, Avelino Luis de Francisco, sinala que ’é un proxecto que solicitamos con urxencia á Consellería de Medio Ambiente xa que istes pobos eran os únicos do municipio que non dispuñan de rede de alcantarillado’. O presuposto total dos traballos ascende a 790.000 euros, que serán aportados integramente polo citado departamento autonómico.

Avelino Luis de Francisco apunta que ’unha vez rematen estas obras, podemos afirmar que tódalas parroquias de Cortegada estarán dotadas ó cen por cen de saneamento, tras moitos anos sen este servizo básico’.

Te puede interesar