O PSdeG de Leiro pide unhas bases para facer contratacións

O grupo municipal socialista de Leiro reclámalle ó alcalde 'que faga unhas bases de contratación que garanticen os principios de igualdade, mérito e capacidade e que non quede en entredito que no Concello de Leiro se contrata sin máis criterio que o de a amizade e favores, cando moitos veciños están en situación de desemprego e non se lles da ningunha opción para traballar no mesmo'. A oposición refírese a contratación o pasado luns nas brigadas de cooperación dun traballador que, segundo apunta, 'se censou fai dous meses'
O alcalde, Francisco José Fernández, manifestaba que 'non sei que protestan cando o seu portavoz nin xiquera vive en Leiro, só está censado neste municipio', engadindo que 'ese traballador penso que leva censado máis tempo, en todo caso cumple os requisitos e eu non formei parte da comisión de contratación'.

Te puede interesar