O PSOE califica de ‘cínico’ a Rogelio Martínez por oporse ó parque de Carballeda

A parlamentaria Laura Seara e o senador Miguel Fidalgo, representantes do PSOE por Ourense, criticaron onte a postura do delegado da Xunta na provincia, Rogelio Martínez, que anunciou a paralización do proxecto de instalación dun parque de empresas de reciclaxe no municipio de Carballeda de Avia.
‘Nunca coñecín a ningún gobernante que presuma de paralizar sen ningunha razón un proxecto que xeraría 800 postos de traballo’, indicou a deputada no Parlamento galego, que cualificou de ‘cínico’ a Martínez por sinalar que o acceso aprobado por Fomento ata a futura área industrial é ‘un vial máis’, cando o orzamento ronda os 15 millóns de euros.

Pola súa banda, Miguel Fidalgo apuntou que ‘Rogelio Martínez non cumpre coa función atribuída a un delegado da Xunta, que son explicar as decisións do Goberno autonómico e non tomar decisións’. O senador socialista considera ‘bó que o conselleiro de Medio Ambiente, nunha resposta parlamentaria, non falara mal do proxecto nin o descalificara, pero tampouco dixo que o parque de empresas ambientais non había que facelo’. Así, Fidalgo califica de ‘intolerable’ a actitude de Rogelio Martinez, ‘máis propia doutra época pasada, xa que se adica a torpedear un proxecto decisivo para O Ribeiro’.

Decisións

Por todo elo, os socialistas piden ó presidente da Xunta que ‘Rogelio Martínez non esté na toma de decisións que afecten ó parque ambiental, e que abra un diálogo sinceiro coas institucións e colectivos que defenden a instalación de industrias na comarca do Ribeiro’. Miguel Fidalgo engade que ‘o proxecto será posible sen a Xunta, pero non sería entendible polos veciños que o Goberno autonómico boicotea a creación de emprego nunha comarca da que tiveron que emigrar máis de 10.000 persoas -un tercio da poboación totalnas últimas décadas’.


Te puede interesar