As adegas incrementaron a exportación, que rondan o 7% da producción

O Ribeiro fixa Suiza como un 'mercado prioritario'

Arranca o programa promocional da Denominación de Orixe Ribeiro para o 2013 e a comisión de exportación do Consello Regulador decidiu fixar por primeira vez como obxectivo prioritario o mercado de Suiza, sen esquecer outras campañas e accións de continuidade da internacionalización da marca Ribeiro en outros países como Estados Unidos, Alemania ou Bélgica, que acaparan na actualidade a maior parte das exportacións.
Deste xeito, o Consello Regulador constata un incremento progresivo da presenza dos viños do Ribeiro no estranxeiro. 'Vai aumentando pouco a pouco', indican os técnicos, tendo en conta que se pasou da exportación de un 5% da producción da denominación fai dous anos a rondar o 7% no 2012.

O programa promocional fixouse para un periodo de catro anos, coa inclusión de misións comerciais, accións inversas de visitas de expertos doutros países e comunidades autónomas, e coa participación en feiras e concursos.

A denominación pretende continuar na súa traxectoria ascendente que, nos últimos tempos, 'está a diferenciar ao Ribeiro como referente dos viños brancos en España, mellorando día a día o seu posicionamento e representación nos distintos mercados', sinala o departamento de promoción do Consello. Así, neste ano, ten xa confirmada a súa presencia nas principais feiras internacionais como ProWein (Düsseldorf) ou Fenavin (Ciudad Real), sen esquecer as citas do sector en Galicia como Fevino (Ferrol) ou Vinis Terrae (Ourense). Os concursos tamén se inclúen neste programa, o que de seguro dará novas satisfaccións ás adegas do Ribeiro que no 2012 acadaron os postos máis altos no palmarés de certames como o Concurso Internacional de Bruselas, o Decanter World Wine Awards ou no concurso Challenge International du Vin.

O enoturismo tamén recibirá un impulso no 2013 tendo xa fixadas dúas datas de referencia no seu calendario, como son a celebración no Ribeiro da II Xornada de Portas Abertas, prevista para o 25 de maio, e o 50 aniversario da Feira do Viño do Ribeiro.

Te puede interesar