Ribadavia

A gastronomía, o prato forte da segunda xornada da Feira do Viño

A pesar da choiva, as cifras de asistencia foron "boas", segundo a organización desta edición

A segunda xornada da 55º Feira do Viño do Ribeiro estivo marcada pola gastronomía. Ás 12,00 horas. O cociñeiro Marcos Morán, cociñeiro do restaurante Casa Gerardo de Asturias, cunha Estrela Michelín, fixo un show cooking para os asistentes. O director do Instituto Galego do Viño, Xoán Cannas, foi o sumiller encargado de ensinar a maridaxe dos platos de Morán con viños do Ribeiro.

A pesar da choiva, a organización destaca as boas cifras de asistencia. O alcalde de Ribadavia, Ignacio Gómez, comentou que, desde que hai rexistros, esta está a ser a edición cos mellores números de asistencia.

Te puede interesar