Un viño branco de O Ribeiro recibe unha medalla nun certame asiático

O viño da Denominación de Orixe Ribeiro, Sameirás 2008, da adega Antonio Cajide Gulín, ubicada na parroquia ribadaviense de Santo André, gañou unha das 14 medallas de ouro outorgadas no ‘Concurso de Mellores Viños Españois para Asia 2009’, onde tan só dous viños brancos lograron este premio, ademais de 11 tintos e un viño doce.
Asimesmo, Sameirás 2008 ‘foi o único viño galego en conseguir o galardón, logrando unha das puntuacións máis altas do concurso’, según apuntaron fontes do Consello regulador da Denominación de Orixe.

Este é o primeiro concurso de viño español organizado en Hong Kong, con 54 catadores asiáticos de prestixio e nivel de coñecemento importante, ‘e que avalían os caldos presentados ó certame en función dos gustos e a realidade do mercado local’, indicaron as mesmas fontes. Os profesionais asiáticos, xornalistas locais, importadores e distribuidores, analizaron os viños en catas a cegas, seguindo os criterios adaptados á gastronomía asiática e a súa adecuación ó mercado.


Te puede interesar