Un viño de Leiro foi recoñecido como o mellor branco en internet

A páxina web elmundovino.com destacou tres viños coma os 'Mellores do ano', concretamente, un branco, un tinto e un espumoso que, según os expertos, teñen 'distinción, personalidade, innovación e unha boa relación calidade-precio sobre tódolos caldos catados a nivel estatal.
Nesta anualidade correspondente ó 2010,o branco elexido foi o 'Coto de Gomariz Colleita Seleccionada 2008', elaborado pola adega homónima de Gomariz (Leiro) adscrita á Denominación de Orixe Ribeiro, e que 'conxuga as variedades autóctonas, o respeto ó terreo e bon facer do seu enólogo, Xosé Lois Sebio', indicaron os responsables da asociación Ribeiros do Avia.


ASOCIACIÓN

Iste colectivo agrupa a catro adegas radicadas nos municipios de Leiro e Ribadavia: Coto de Gomariz, Viña Meín, Casal de Armán e San Clodio, esta última creada polo director de cine Luis Cuerda. A marca distinguida pola cata de internet acompaña ó tinto da Denominación Ribera del Duero máis coñecido a nivel internacional, o 'Vega Sicilia Único', e ó cava catalán 'Turó d´En Mota'. Os membros de Ribeiros do Avia lembran que 'o val de Gomariz está considerado como a milla de ouro da vitivinicultura dende a Idade Media'.

A páxina web elmundovino.com é un dos sitios especializados en viños máis consultados do Estado, 'e foi pioneiro neste novo xeito de comunicación que se ten imposto como o máis común para que o consumidor elixa', engaden.

Te puede interesar