A Concellería de Promoción Económica de Ribadavia, que dirixe o nacionalista Emilio Cuíñas, organiza o vindeiro 8 de maio unha primeira xornada de portas abertas nos 44 establecementos adheridos á Ruta do Viño do Ribeiro, na cal os visitantes poderán coñecer as adegas tradicionais e degustar os viños e outros productos.
Esta iniciativa foi presentada onte polo propio Cuíñas, na súa calidade de secretario da asociación promotora da ruta; o alcalde de Leiro, Francisco José Fernández, e a concelleira de Turismo de Boborás, Eva Pardo, coma representantes dos concellos implicados.
O programa dará comezo ás 10.00 horas coa saída de autocares dende a cidade de Ourense y las localidades de Carballiño e Ribadavia 'para recoller ás persoas interesadas en asistir, facendo paradas en cada adega de xeito escalonado, entre as 11.00 e as 21.30, hora do regreso', indicou o edil ribadaviense.
O itinerario
O itinerario previsto pasará por 12 adegas, 11 hoteles e casas rurais, oito restaurantes e mesóns, sete bares e cafés e dous centros de lecer, todos eles en municipios da comarca.
Emilio Cuíñas destacou que 'o obxectivo desta actividade é dar a coñecer o potencial turístico que posúe O Ribeiro a nivel de recursos naturais, etnográficos e artísticos, e tamén as infraestructuras de calidade existentes no sector hosteleiro (xantar, aloxamento) para acoller ós visitantes'.
15 Novos locais se incorporarán antes do verán
A Ruta do Viño do Ribeiro recibiu a finais do ano 2008 a certificación oficial por parte da asociación nacional Acevin, 'de xeito que a nosa comarca entrou no selecto circuito doutras denominacións de orixe tradicionais, coma son O Xerez, A Rioxa e O Penedés, entre outras', lembrou Emilio Cuíñas.
O concelleiro de Promoción Económica apuntou tamén que 'antes do vindeiro verán, incorporaremos á ruta outros 15 novos establecementos, que teñen solicitada a súa entrada e que sumarán finalmente unha conta final de 60 ó final deste mesmo ano'. Cuíñas adiantou que 'no mes de xullo, visitaranos un auditor de Acevin para renovar o certificado de hai dous anos'.