Os xudíos recibiron o ano 5772 do seu calendario

Un grupo de xudíos ante o Centro Social da Madalena. (Foto: MARCOS ATRIO)
A Asociación B`Nei Israel de Galicia celebrou onte por segundo ano consecutivo en Ribadavia o Rosh Hashana 5772 (ano novo xudío). En torno a 30 persoas pertenecentes a comunidade xudía de Galicia xuntáronse no Centro Social da Madalena, para o que contaron coa colaboración do Concello de Ribadavia, da Red de Juderías de España e do Centro de Estudios Medievais.
A comunidade conta en Galicia con aproximadamente 100 xudíos, según apuntou o seu presidente Asaf Fernández. O feito de que non acudisen na súa totalidade é porque esta celebración, das máis importantes que teñen, pódese desenrolar en familia ou coa comunidade, o mesmo tempo que moitos tamén aproveitan para viaxar a Israel. Tras unha visita ó Centro de Información Xudía de Galicia os asistentes participaron nos actos do Seder ( significa 'orden', 'colocación' e é un ritual festivo xudío), co encendido de velas e a bendición de alimentos. Despois degustaron unha cea sefardí.

Te puede interesar