FOCOS

Hugo Santiago, principal protagonista

20161027100351013_result
photo_camera O festival proxectará tres filmes de Hugo Santiago.

O principal dos focos, que xirará en torno á figura de Hugo Santiago, contará coa proxección de tres filmes

Dentro da súa programación, o Festival de Cine Internacional de Ourense porá o foco na obra de catro cineastas que responden á liña editorial que o OUFF presentará nesta a súa 21ª edición: Hugo Santiago, Mercedes Moncada, Camilo Restrepo / L’Abominable e María Ruido. Cineastas que malia as súas diversas liñas de traballo, filmografías e procedencias teñen en común o feito de ser autores cun estilo personal, indepentente e un compoñente “transnacional” ao levar a cabo a maioría da súa obra a cabo lonxe do lugar onde naceron.


O principal dos focos, que xirará en torno á figura de Hugo Santiago, contará coa proxección de tres filmes: “Invasión” (Hugo Santiago, 1969), “El cielo del centauro” (Hugo Santiago, 2015) e “El teorema de Santiago” (Ignacio Llorens & Estanislao Buisel, 2015.


A xornalista e crítica de cine Andrea Franco será a curadora da programación do foco adicado a Camilo Restrepo / L’Abominable, no que se presentará o proxecto L’Abominable, un laboratorio de cineastas que traballa en celuloide con película en Súper 8, 16mm e 35mm.


Nos dous restantes, o público poderá achegarse á obra da documentalista andaluza Mercedes Moncada e ao da cineasta ourensá María Ruido. 

Te puede interesar