Naceu vinte días despois de morrer o seu avó, último alcalde da República no seu povo. Foi sindicalista e político, pero un día deixou a primeira línea para voltar á sua profesión e anclarse definitivamente en A Limia.

Actividade política con data de volta

Manuel Conde Gómez, en Xinzo, onde reside. (Foto: L.P.)
Foi daqueles nenos que pasando sete anos nun internado non ten lembranzas negativas tan comúns en moitos rapaces semellantes. Tal vez porque lle tocou ir o colexio de Os Milagros nos tempos en que era centro de vangarda no que os alumnos tgozaban de altas cotas de protagonismo. Eso tradúcese no afecto que garda por Emilio Graña e Manolo Peleteito, líderes daquil movemento, pola sua integridade moral e actitude consecuente.
Chegou ó Monte Medo ós once anos, procedente do seu Vilar de Barrio natal, que estaba perto. Alí fixo todo o bachiller para saltar logo a Madrid. Meteuse a estudar topografía, pero acabou sendo funcionario do Instituto Nacional da Seguride Social. Era 1986 cando escomenzou o longo periplo profesional en Vigo, que foi a sua primeira plaza. Un ano máis tarde saltou a Ribadavia, outro ano, e de alí veu para Ourense. Trece anos despois marchou dous para Verín y dende ahí a Xinzo, onde leva a última década.

Ainda que a sua estadía máis longa é a que corresponde á cidade de Ourense, non foi ahí onde máis traballou, pois tal etapa correspóndese ca adicación exclusiva ó sindicalismo e a política. Primeiro saiu elexido presidente da xunta de persoal pola CIG, ata 1995, tarefa que compatibilizaba co escano de concelleiro polo BNG en Vilar de Barrio. Entrou no concello ó mesmo tempo que Julio Pérez Carballo, elexido alcalde entón e ainda sigue. Anos despois, en 1995, foi deputado provincial do grupo nacionalista e o rexidor de Vilar de Barrio, nun dudoso exercicio democrático cas suas atribucións, aproveitaba tal circunstancia para convocar plenos o mesmo día e hora que a Deputación, o cual lle obligaba a estar ausente nuna das sesións.

Ainda así, ten bon recordo da política. 'É unha actividade sana si se lle pon data de caducidade', apunta para engadir que 'se careces de independencia económica e profesional, resulta complexo loitar dende unha actitude sana e libre e eso xera problemas', pois circunstancias persoais poden condicionar a forma de traballar. Por eso insiste en que 'mentres se esté na actividade pública hai que fixar data de retirada, por saúde xeral e persoal'.

Botando a vista atrás, pensa que viviu a política de xeito máis franco do que se fai agora. 'Non había conspiracións nen grandes manexos. O electoralismo e as estratexias calculadas para buscar réditos directos da acción política, viñeron despois; ata entón, facíase o que se pensaba que había que facer, ó marxe de que eso fose rendible ou non', sostén.

Nise senso, ten claro que 'agora os partidos son plataformas co obxectivo de obter un resultado electoral bon que permita manter as suas tesis'. Tal concepción das estructuras partidarias 'ten sentido se gobernas, pero na oposición esa plataforma perde vixencia. Vale moito máis un movemento do tipo do 15-M para mover a conciencia dos cidadáns, que a labor de oposición nengún partido en calquera institución'. Por elo aboga por 'un novo impulso democrático' que rexenere as estructuras.

En cuanto á situación actual, ainda dende a perspectiva de optimista confeso, non pode deixar de amosar preocupación pensando na sua filla de 22 anos e tantos máis como ela. 'Temos unha xuventude formada e preparada como nunca, pero sen capacidade para evolucionar persoal e profesionalmente, e eso fará moi difícil que poidan cumplir os seus soños vitais. Só lles queda a emigración'.

A sua outra grande preocupación é a deriva do nacionalismo, pois a pesar de que 'sempre pensei que a idea tiña unha base ideolóxica ben consolidada dentro dunha formación na que expresarse, sen volta atrás, a realidade demostra que non era así e hai que repensar a organización. Se non, de pouco valeron os trinta anos de actividade'. Conde Gómez reflexiona que cecais no BNG 'convivían distintas ideoloxías que se unían a través do idioma e do sentimento de país, pero á hora de concretar, aparecían problemas'. Entende que para atopar saída 'fai falla xenerosidade dos dirixentes, dos que se foron e dos que se quedaron'. 'Se non se fai así, consolidarase a situación actual na que Murcia ten máis peso político en Madrid que Galicia'.

Te puede interesar