Universidad

Cinco alumnos de Dereito realizarán as prácticas na Subdelegación do Goberno

Os estudantes, co subdelegado de Goberno e o tutor de prácticas.
photo_camera Os estudantes, co subdelegado de Goberno e o tutor de prácticas.

Cinco estudantes da Facultade de Dereito do Campus de Ourense realizarán as súas prácticas externas na Subdelegación do Goberno en Ourense. A iniciativa é froito dun convenio de cooperación educativa asinado en 2019 entre a Administración Xeral do Estado e a Universidade de Vigo.

Emilio González, subdelegado do Goberno en Ourense, e Manuel Arias, titor dos alumnos, recibiron os estudantes na Subdelegación do Goberno. Durante o encontro, Emilio González sinalou a importancia da realización deste tipo de prácticas que permiten que o alumnado "aplique e complemente os coñecementos adquiridos na súa formación académica, favorecendo a adquisición de novas competencias preparatorias para o exercicio profesional e que fomenten a súa empregabilidade".

 "Durante o período de prácticas, que consta de 135 horas, as catro alumnas e o alumno que participan nas mesmas coñecerán, intervirán e participarán nas actividades que se desenvolven nas diferentes áreas e dependencias da Subdelegación do Goberno en Ourense, tales como o Xurado Provincial de Expropiación Forzosa, o Servizo de Asuntos Xurídicos, o Servizo de Asuntos Xerais e Réxime Interior, a Área de Traballo, Inmigración e Estranxeiría ou a Oficina de Estranxeiría", destacan desde a UVigo.

O titor do alumnado será o secretario xeral da Subdelegación do Goberno, Manuel Arias, que tamén é profesor na Facultade de Dereito de As Lagoas. As prácticas serán durante os próximos meses para completar a súa formación académica. 

Te puede interesar