Un anexo a San Clodio terá un museo do viño

Un convenio entre a Consellería de Cultura e Turismo da Xunta e o Concello de Leiro posibilitará o acondicionamento dun inmoble anexo ó Mosteiro de San Clodio para acoller un museo do viño denominado 'Espazo dos sentidos do viño'. A sinatura do convenio, que será efectiva nos vindeiros días, permitirá crear un espazo adicado ós viños de calidade e aberto ó turismo, dentro do Plan de Enogastronomía de Galicia.
A rehabilitación deste edificio, que de antigo eera utilizado polos monxes benedicitinos do mosteiro coma corte para gardar o gando, suporá un investimento superior ó millón de euros, e o prazo de execución das obras prolongarase durante pouco máis dun ano.

A restauración inclúe un vestíbulo e unha zona adicada ó cultivo das vides. Completarase con salas de catas, reunións, conferencias, aseos e unha área de degustación para épocas estivais. Ademais, a casa estará dotada dun lagar con espazo para o prensado das uvas, unha sala de exposición e venda de produtos autóctonos e un 'salón dos sentidos'.

Te puede interesar