Aprobadas obras urxentes na capela dos Remedios

A xunta de goberno local aprobou na súa xuntanza ordinaria de onte o proxecto básico para a construcción, por Copasa, dunha torre de 19 prantas e outra de sete para uso residencial e, posiblemente, aínda que dependendo de chegar a u acordo con empresas do sector, hoteleiro. Copasa aínda ten que presentar o proxecto de execución pero a aprobación de hoxe deixa o proxecto, segundo os servicios xurídicos do Concello, a salvo da previsible anulación definitiva do Plan de Urbanismo. As torres ubicaranse nas inmediacións das termas da Chavasqueira, á beira do río Miño.
A mesma xunta de goberno adxudicou a consolidación e demolición da cuberta da ermida da Nosa Señora dos Remedios, á empresa Hermanos Mascareñas por un importe de 45.848,89 euros. Trala declaración de ruina inminente da Capela o pasado mes de xaneiro, o Concello de Ourense requeriu ós propietarios a adopción de medidas urxentes de seguridade, demolición e consolidación. Pasado o plazo correspondente, e dado o estado de perigo no que se atopa o citado ben, tanto para as persoas como para as cousas, procederase á execución subsidiaria do mesmo.

As actuacións de consolidación e demolición previstas consistirán prioritariamente no desmontaxe da parte da cuberta que aínda se mantén en pé, así como da tribuna, e a consolidación dos muros, coroación e apeo das altas columnas. Previamente á obra de derribo, retiraranse as tellas e elementos da cuberta, montarase unha plataforma de traballo que garanta a seguridade, protexerase o sepulcro, escudo e estatua funeraria do fundador da Ermida, e revisarase a verticalidade das columnas afectadas polo desplome da estrutura, para avaliación do seu apeo.

Te puede interesar