SOLIDARIDAD

Atallando a pobreza infantil dende a rúa

Ourense. 14-11-15. Local. Carpa dp Mpvemento de España pola infancia.
Foto: Xesús Fariñas
photo_camera Un grupo de voluntarios da "Xira España pola Infancia", na rúa do Paseo.

O "Movemento España pola Infancia" fixo parada na cidade para recoller opinións dos principais axentes sociais para acabar cunha realidade que afecta a 2,5 millóns de nenos.

O movemento España pola Infancia fixo onte parada en Ourense para concienciar aos veciños sobre a pobreza infantil, unha realidade que en España afecta a 2,5 millóns de nenos e nenas. A iniciativa é froito da Xira España pola infancia, un proxecto posto en marcha por un grupo de profesores da Universidade de Granada que teñen previsto crear un "Plan Estratéxico España pola Infancia" para acabar coa pobreza.

A xornada correu a cargo de 20 voluntarios que instalaron durante o día de onte una carpa informativa na rúa do Paseo para informar aos que se achegaran sobre a situación na que viven moitos cativos. "Nós o que facemos é difundir que hay 2,5 millóns de nenos pobres para despertar conciencias", dixo Patricia Fernández, unha das voluntarias. Durante a xornada, os cativos pudieron disfrutar de diferentes actividades como bailes, coreografías, photocall e pintacaras. Tamén tiveron a oportunidade de pintar un mural seguindo a temática do día.

Outro dos obxectivos da iniciativa é recoller as opinións dos principais axentes sociais e académicos para reducir a pobreza infantil en España, o segundo país da Unión Europea con máis cativos pobres. "Estamos facendo un estudio de campo no que recollemos a opinión da xente da rúa para que aporten as súas contribucións para erradicar a pobreza", explicou Patricia. A esta cita uníronse tamén onte outras 29 cidades españolas.

A Xira España pola infancia, posta en marcha polo Consello Independiente de Protección da Infancia (Cipi), regresará a Ourense o 15 de xaneiro baixo o lema "Despertando conciencias, compartindo responsabilidades". Percorrerán tódalas provincias de España ata o 29 de abril de 2016 có obxectivo de protexer os dereitos dos nenos. Segundo datos facilitados polo Cipi, que preside o profesor Antonio Salvador, en España a situación de pobreza pasou do 26% ao 33%; é dicir, agora un de cada tres nenos vive baixo o umbral de pobreza.

Te puede interesar