Baltar: “Ourense marca un camiño que é copiado”

Participantes na xornada de Partenalia sobre patrimonio monumental.
photo_camera Participantes na xornada de Partenalia sobre patrimonio monumental.
“Desde Ourense estamos marcando un camiño interesante que é copiado noutros gobernos”, sinalou onte o presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, durante a xornada sobre patrimonio monumental organizada no Museo Etnográfico de León por Partenalia, unha rede europea de gobernos intermedios para a cooperación territorial. Tamén participaron na reunión o presidente da Deputación de León, Eduardo Morán; o vicepresidente da Deputación de Valencia, Carlos Bielsa, e o presidente da rede de gobernos provinciais de Polonia, Grzegorz P. Kubalski.

Te puede interesar