Barbadás vai formar a veciños para loitar contra a vespa velutina

Imagen de archivo de una Vespa velutina.
photo_camera Imagen de archivo de una Vespa velutina.
A primeira charla informativa terá lugar mañá no local social de Bentraces

O Concello de Barbadás dará pautas á veciñanza sobre como reaccionar ante a picadura das avespas velutinas e para a elaboración de trampas. A primeira charla informativa terá lugar mañá no local social de Bentraces e a iniciativa estenderase ata o 7 de maio no resto das aldeas. 

 O Concello de Barbadás,  no marco do seu plan de prevención desta praga, mostrará nestes encontros aos veciños o equipamento de actuación co que conta o Servizo Municipal de Emerxencias e ensinará a dar avisos de avistamentos. 

Por outra, nesta época de primavera colocaranse un cento de trampas con atraínte para capturar as raíñas que saen da hibernación, evitando así a proliferación de niños secundarios.

A eliminación de niños levarase a cabo mediante o método de eliminación física do niño con sprai insecticida e retirada manual, ou ben con escopeta marcadora.

Te puede interesar