A campaña de galeguización de viños iníciase hoxe en Cenlle

As instalacións da adega Virmadeus, en Cenlle, servirán hoxe de escenario para presentar a campaña de galeguización das etiquetas dos viños galegos, promovida polo Foro Empresarial Peinador e a Asociación de Funcionarios para a Normalización Lingüística e patrocinada por la Secretaría Xeral de Política Lingüística. Alí estarán empresarios e representantes de institucións oficiais e culturais sensibles á revitalización da lingua galega.
O proxecto iniciouse no ano 2003, sendo naquel momento unhas 15 adegas as que etiquetaban os seus viños en galego. Despois de sete anos, son xa 170; é dicir, un 42% do total de Galicia. Estas cifras acadan o 70% ó falar de producción, posto que as adegas con maior implantación nos mercados envasan máis de oito millóns de botellas.

Para os promotores da campaña, esta receptividade manifesta 'unha galeguidade oculta' que se debe 'aguilloar'. A lingua galega serviría, así, para darlle forza ás denominacións de orixe dos viños de Galicia no mercado internacional, outorgándolle a súa propia personalidade. Deste xeito, o Foro Peinador e a Asociación de Funcionarios para a Normalización Lingüística chaman á responsabilidade dos consumidores para que escollan os productos con etiquetaxe en galego, coa fin de estimular o consumo a partir do principio da discriminación positiva.

Te puede interesar