O Concello busca animar a emprender no ámbito do rural

O Concello de Ourense organiza unha xornada sobre "Econegocios: unha visión emprendedora no espazo rural" coa que pretende animar ós emprendedores a adicarse a negocios no ámbito do rural. A actividade terá lugar mañá na sala José Ángel Valente (no Banco de España).

A través de charlas e paneis con experiencias de emprendedores, a iniciativa abordará temas como a innovación turística, a valorización dos recursos endóxenos no rural, a xestión do patrimonio inmaterial e o ecodesenvolvemento. A actividade, en horario de mañá e tarde, está dirixida a representantes do mundo empresarial académico, axentes sociais e público en xeral.

Te puede interesar