LITERATURA

O Concello convoca a 33ª edición do premio de Poesía Cidade de Ourense

O vencedor do premio gañará 6.000 euros. Os participantes poderán mandar as súas obras ata o 21 de abril

A convocatoria da 33 edición do Premio de Poesía Cidade de Ourense, un dos máis importantes de Galicia e cunha dotación de 6.000 euros, xa está aberto. E terá como data límite ás 14 horas do 21 de abril. 

Poderán optar a él calquera persoa que presente obras en galego ou en portugués, orixinais e inéditos, cun mínimo de 600 versos.  As obras deberán presentarse baixo lema, indicando “PARA O XXXIII PREMIO DE POESÍA CIDADE DE OURENSE” nun sobre pechado.

O Xurado cualificador será nomeado pola Concellaría de Cultura, estará integrado por personalidades das letras galegas e portuguesas, a persoa gañadora do ano anterior e un representante da Corporación que exercerá a presidencia. Comunicarán o nome do vencedor no mes de xuño. 

Nos últimos anos, os nomes dos gañadores foron a coruñesa Eva Veiga, Xavier Rodríguez Baixeras (de Ribadeo), o recoñecido literato portugués Amadeu Baptista ou o eumés Xurxo Alonso.

Te puede interesar