Correos recolleu máis de 33.000 solicitudes de voto en Galicia

Correos entregou un total de 33.444 solicitudes de voto por correo nas delegacións provinciais do Censo Electoral en Galicia procedentes de cidadáns residentes na comunidade para participar nas próximas eleccións do día 22 de maio.
Segundo explicou a entidade nun comunicado, por provincias, o número de solicitudes entregadas foi de 10.621 en A Coruña, 9.070 en Pontevedra, e 8.094 en Ourense, mentres que Lugo foi a provincia galega na que se entregaron menos solicitudes, cun total de 5.659.

Dende estas delegacións comprobarase agora a inscrición no censo dos solicitantes de voto e enviará a cada un a documentación necesaria para poder votar.

No conxunto do Estado, Correos admitiu máis de 665.000 solicitudes de voto por correo de cidadáns residentes en España para participar nas eleccións autonómicas e municipais do domingo 22 de maio.

O prazo para solicitar a documentación necesaria pechouse o xoves día 12 de maio. Polo que agora, os cidadáns terán ata o día 19 de maio para emitir o voto tamén por correspondencia.

Das 665.000 solicitudes recibidas, Correos entregou xa nas Delegacións Provinciais da Oficina do Censo Electoral 569.245.

Te puede interesar