No 2008, despois de investigar 25 clubes de alterne, declaráronse 36 vítimas da explotación sexual

O crime organizado afiánzase en Ourense para explotar o negocio da prostitución ilegal

A criminalidade organizada na provincia de Ourense é un fenómeno débil, a excepción do tráfico de persoas coa fin da súa explotación sexual. No 2008 foron declaradas vítimas da prostitución un total de 36 persoas. En Galicia, a delincuencia organizada está presente a través do narcotráfico, cuxa incidencia dirímese en A Coruña e Pontevedra. No caso de roubos con forza en chalets e polígonos industriais, os asaltantes acostuman a establecerse nas grandes cidades e desprazarse polo territorio nacional.
No ano 2008, despois de investigar 25 clubes de alterne na provincia de Ourense, a Garda Civil considerou vítimas da prostitución a 36 persoas, xa porque denunciaron, xa porque exercían tal actividade sen amparo administrativo, ou por atoparse en estado de necesidade. No conxunto de Galicia as vítimas ascenderon a 420. O 96% eran estranxeiras.

Non obstante, os corpos policiais nunca chegan a documentar este fenómeno na súa totalidade, aínda cando realizan inspeccións frecuentes. Nos últimos catro años, desarticuláronse en Ourense oito redes de tráfico de mulleres.

En Galicia, a delincuencia organizada maniféstase a través das actividades de grupos dedicados ao tráfico de estupefacientes, así como ao branqueo dos cartos obtidos nestas operacións. En principio, é en Coruña e Pontevedra onde se rexistra un movemento máis común destas organizacións. Namentres que en Lugo e Ourense, segundo a última memoria da Fiscalía do TSXG, apenas hai rastro destas accións delictivas, pois son ‘meramente consumidoras’ ou ‘lu gar de paso de alixos’. Non obstante, si pode falarse de certa organización delictiva no capítulo da prostitución. Se ben cada clube de alterne posúe a súa dirección, segundo fontes do ministerio público, todos ‘parecen participar dun punto común, que é o de acudir ás mesmas fontes de variedade de mulleres en situación de prostitución’, e que se realiza de ‘forma directa pola fronteira con Portugal’, país ao que acoden ‘por este tipo de vinculacións criminais mulleres brasileiras’. A mera proximidade física, por compartir unha grande exten sión de fronteira ‘fai ver a vinculación deste tipo de organizacións dedicadas á prostitución’, segundo a memoria fiscal.

As personas implicadas ‘sempre son vítimas, posto que a característica fundamental é que sofren algún tipo de explotación, sen que importe a voluntariedade á hora de acceder ás condicións de traballo’.

A Fiscalía considera presente en Galicia organizacións que se dedican a roubar en polígonos industriais e chalets, se ben acostuman a establecerse nas grandes cidades e desprazarse polo territorio nacional.

Modus operandi de brasileiros e romaneses


En Galicia detectouse a presenza de organizacións dedicadas ao tráfico de mulleres formadas por cidadáns de orixe brasileira e romanesa, que actúan, segundo a Fiscalía do TSXG, ‘en conivencia cos donos dos clubes de alterne’. No caso das romanesas, contan con ‘captadores’ que buscan adolescentes que carecen de medios; entrégannas aos ‘transportistas’, que as fan chegar a España. Unha vez no clube, advirten que nada ten que ver coas condicións que lles prometeron. Como presión dísenlles que teñen pendente de pago unha débeda coa organización, e para saldala terán que alternar cos clientes.

As organizacións brasileiras ofrécenlles ás adolescentes a posibilidade de viaxar a España a exercer a prostitución, para o cal deben facer fronte ‘unicamente’ á debeda contraída por serlles facilitado o dineiro necesario para a viaxe. Unha vez convencidas, despois de garantirlles que gañarán moitos cartos, xa en España advirten que a débeda é moi superior.

Te puede interesar