IGREXAS E CAPELÁNS DE OURENSE

Curiosa e oculta capela do Bispado

Juan Andrés Hervella achéganos información sobre a curiosa e oculta capela do Bispado

O estilo artístico coñecido como neogótico, especialmente na arte da arquitectura, foi un movemento historicista e decorativo, que tivo seus inicios a mediados o século XVIII alcanzando o seu apoxeo entre os anos 1830 e 1875. A súa evolución medrou a finais do século XVIII e principios do XIX cando os eruditos dos distintos períodos do gótico intentaron revivir esta arquitectura medieval en contraste directo cos modernos estilos neoclásicos imperantes nese momento. O uso máis común do estilo neogótico foi aplicouse tanto na construción de igrexas como capelas e catedrais e, en menor medida, nos edificios tanto de carácter público como privado.

Este modalidade chegou a España no século XIX que permitiu dar remate a  algunhas fachadas das catedrais medievais ou á erguendo doutras.  

No decurso do século XIX o bispo de Ourense, Cesáreo Rodrigo Rodríguez (1876-1895)  de grata memoria na súa sé episcopal, foi acredor do recoñecemento dos ourensá así como dos seminarista; el erixiu dende os alicerces con cargo á súa propias expensas a actual e fermosa capela situada preto da parte máis moderna do edificio do bispado ademais vendo o lamentable estado de conservación así como das carencias dos máis elementais servizos educativos para o bo desenrolo dos estudos dos futuros antigo   seminario Conciliar San Fernando, decidiu a reforma do mesmo situado na rúa Lamas Carbajal co obxecto de adaptalo ás necesidades educativas dos alumnos ademais d a construción dunha nova residencia e bispado con fachada á rúa do Progreso polo que, o día 28 de outubro do ano 1888 o arquitecto catalán José Antonio Queralt Rauret solicitou a licencia pertinente de edificación ao Concello de Ourense na que se incluía unha capela, claustro, oficinas do clero ademais da súa propia residencia do bispo licencia concedida o día 11 de decembro do mesmo ano. 

A curiosa e oculta capela, na actualidade sen uso, construída en estilo historicista, constitúe toda unha boa mostra deste estilo conformando un exemplo, de igual xeito co resto do edificio do bispado, reflexa a forte personalidade do arquitecto que contou ca axuda de celosos canteiros que mesturaron a súa boa técnica co amor polas obras ben feitas.

O acceso ó pequeno recinto relixioso efectúase a traveso dunha sinxela portada decorada cun curioso arco de medio punto sostido por dous pares de columnas lisas con capiteis xeométricos estando o conxunto protexido por unha moldura renacentista ou plateresca, que enmarca o arco. O interior, atópase dividido entre tres naves, sendo máis alta a central cas laterais cuberta cunha teitume interior composta de tres corpos en madeira. As naves correspondentes ó evanxeo maila epístola sepáranse da central mediante grosas columnas cilíndricas rematadas en capiteis que sosteñen arcos de medio punto; por riba descorre un coro corrido aberto protexido por varandas de ferro. O alto presbiterio, carente de retablo na actualidade, cóbrese mediante unhas bóvedas de crucería, recibindo a iluminación mediante alargadas fía de fiestras lisas de tipo gótico desprovistas de policromía, namentres cas naves laterais a reciben a luz mediante unha serie de pequenos fiestras de medio punto.

No exterior a ábsida central recibe o seu apoio mediante contrafortes e arbotantes dando remate á mesma un triangular tímpano perforado por un pequeno oco circular, dando remate ó cumio baixo a protección dunha cruz. 

Espero co presente traballo sirva para concienciar á cidadanía ourensá da posibilidade de aproveitar este espazo para convertelo nun posible Museo Diocesano ó igual que ocorre en moitas sés episcopais do resto de España; serviría, por unha parte, para protexer e gardar algunhas das interesantes mostras artísticas relixiosas existentes en moitas das nosas parroquias rurais que, desgraciadamente  de modo frecuente sofren espolio, ademais de acrecentar aínda máis se cabe o noso patrimonio artístico de cara á súa promoción turística. 

Os datos

  • Coordenadas: 42º20.194’   7º51.949’
  • Situación: Rúa Progreso nº 26
  • Construción: Ano 1889
  • Características: Capela austera neogótica.
  • Elementos destacados: Contraforte e arbotantes exteriores situados na ábsida central.
  • Arquitecto: José Antonio Queralt Rauret
  • Estado de conservación: Regular.
  • Información relixiosa: Sen culto
  • Servizo: Proxecto Museo Diocesano.
  • Titularidade: Bispado de Ourense 
  • Informante: Raul Alfonso González, Vicario Episcopal do Patrimonio e Sostemento da Igrexa.
  • Protección: Conxunto Histórico Artístico, BIC (Ben Interese Cultural)

Te puede interesar