CXG leva a pleno reprobar ao alcalde de Punxín

Piden a dimisión de ambos pola "nefasta xestión nos dous anos de mandato"

O grupo municipal Compromiso por Galicia (CxG) de Punxín presentou unha moción no rexistro municipal para reprobar a actitude do alcalde, Manuel Vázquez (PP), e do tenente alcalde, Eulogio González (ex concelleiro de Ciudadanos), ao mesmo tempo que solicita a dimisión de ambos “para non facer máis dano a Punxín”, segundo apunta o portavoz, Eladio Fernández. 

A través desta moción este grupo da oposición pretende reprobar o que considera “a nefasta xestión do interés xeral de Punxín nos dous anos de mandato, dun equipo de goberno formado por o Partido Popular e un concelleiro independente”.

Entre as argumentacións, Eladio Fernández refírese ao “absoluto desprezo aos valores democráticos e a institución municipal” e “por ser un goberno que oculta a información que ten a obriga de dar á oposición”. e por “o absoluto desprezo na defensa do interés xeral”.

Nese sentido, tamén sinala o “ocultismo de actos de xestión que deben esclarecer na contratación de persoal, reunións secretas con empresarios, expedientes de obras nada claros, tramitación inacabada e sospeitosa dos perímetros rurais e, mención especial merece, a trama orquestrada desde o propio concello para dilapidar a Fundación San Rosendo aos veciños de Punxín”, segundo se recolle na moción.

Te puede interesar