ANÉCDOTA

Desencontro no pleno: "Non se disperse señor alcalde. Ei!"

O voceiro socialista, Vázquez Barquero, solicitou a atención de Jesús Vázquez con estas palabras, ao que o alcalde respondeu que "non está vostede na aula"

Un desencontro polo turno de palabra no pleno celebrado hoxe provocou momentos tensos para uns, e risas para outros.

O alcalde, Jesús Vázquez, e o voceiro socialista, Vázquez Barquero, protagonizaron o pequeno "pique". Todo comezou cando Barquero chamou a atención a Jesús Vázquez: "Non se disperse, señor alcalde. Ei!", recriminoulle, engadindo palmadas para solicitar a atención do alcalde.

"Non está vostede na clase nin na aula, despois quexámonos dos circos que aquí se montan", respondeulle Jesús Vázquez, solicitando de novo a palabra para o socialista.

"Se eu lle dou un toque de atención benevolamente, non me chame vostede a atención a min", continuou Barquero. 

Te puede interesar