Dous novos obradoiros de emprego en Ourense formarán a 32 persoas mozas

Ourense. 06-05-14. Local. Reportaxe sobre o Inem en Ourense.
Foto: Xesús Fariñas
photo_camera Ourense. 06-05-14. Local. Reportaxe sobre o Inem en Ourense. Foto: Xesús Fariñas
O Obradoiro de Emprego “Manco Xove VI”, ao que a Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade destina 424.836,96 euros, formará a 16 mozos na comarca de Ourense

A Xunta de Galicia investirá preto de 850.000 euros en dous obradoiros de emprego xuvenís na provincia, no que se formarán 32 personas mozas, tal e como informou onte o goberno autonómico. 

O Obradoiro de Emprego “Manco Xove VI”, ao que a Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade destina 424.836,96 euros, formará a 16 mozos na comarca de Ourense,  con dous módulos de actuación: “Repoboacións forestais e tratamentos silvícolas”, que formará a oito alumnos, e “Atención sociosanitaria a persoas dependentes en institucións sociais”, que instruirá a outros oito alumnos.  

Na comarca de Verín, formaranse outros 16 xoves no Obradoiro Xuvenil “Programa de Emprego para persoas mozas Mancomunidade de Verín VII”, ao que a Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade subvenciona con 424.836,96 euros. Terá outros dous módulos: “Froitocultura”, queformará a oito alumnos, e “Atención sociosanitaria a persoas dependentes en institucións sociais”, que exercitará a oito.

Os obradoiros  están dirixidos a menores de 30 anos e son programas mixtos de emprego e formación que teñen por finalidade ocupar a persoas desempregadas, posibilitarlle a realización dun traballo efectivo que incida na súa cualificación e favoreza unha posterior inserción laboral. A etapa de formación en alternancia coa práctica profesional terá unha  duración de 12 meses.

O delegado territorial da Xunta, Gabriel Alén, visitou onte o obradoiro “Terra de Mosteiros 2022”, no que a Xunta vén de investir 512.987 euros, e que está a formar a 20 alumnos - traballadores nos módulos de actividades auxiliares en conservación e mellora de montes (10) e revestimentos continuos en construción (10). 

Te puede interesar