Doval: “Un gran mal da sanidade e que se empregue como arma política'

Xosé Luis Lopez presentou a ponencia de José Luis Doval, Foro La Región (esquerda). O público que acodiu a escoitalo foi sobre todo feminino. (Foto: Martiño Pinal)
'A saúde non ten prezo, pero costa diñeiro'. Así o asegurou José Luis Doval, xefe de Obstetricia e Xinecoloxía do Complexo Hospitalario Universitario de Ourense, durante a súa intervención no Foro La Región, unha conferencia na que non dubidou en unir sanidade e economía, entendendo esta última como a utilización dos recursos ben asignados para satisfacer as necesidades.
Este 'líder profesional', como así o presentou Xosé Luis López, coordinador do centro de Saúde de Mariñamansa, comezou describindo o sistema sanitario do Estado español como 'de financiación pública a través dos impostos'. Por isto, afirmou que 'debemos rematar co discurso político de que a sanidade é gratuíta, porque sae dos impostos' e destacou como un dos seus principais males que 'se empregue a sanidade como arma política'.

Pero outra das grandes lastras é o déficit acumulado que podería rondar os 15 mil millóns de euros, por mor de, durante, anos presupuestar menos do que se gastaba, 'ademais, os orzamentos non son finalistas', isto é, a Comunidade Autónoma decide se os fondos destinados, a priori, para sanidade dende o Estado se destina na súa totalidade ou non para este fin. Doval puntualizou que non é un problema da descentralizado, senón que deberíase esixir que sexan orzamentos finalistas.

É posible, pois, manter o sistema que se coñece e como se pode afrontar? Neste senso, Doval abordou o asunto do copago, sobre todo o asistencial -que se refire ao que se aplicaría a ingresos, urxencias, etc-. A este respecto, asegurou que 'sería a morte do sistema sanitario actual, e daría paso a un que, creo, sería peor'.

Na súa opinión, a curto prazo e pola conciencia aínda existente, non deixará de existir un servizo universal, pero que co tempo pode alcanzarse unha situación na que aumenten as pólizas privadas e haxa unha sanidade pública de beneficiencia.

Doval aposta por una racionalización e priorización dos servizos, na que se motive segundo capacidades aos profesionais e na que a relación entre médico e paciente mude e evolucione.

Te puede interesar