Emilio Rúa: "Non esquezo o neno que son"

emiliorua
photo_camera Emilio Rúa

O cantante recorda os días de felicidade na aldea das Vendas da Barreira. 

Cada vez que chega o nadal ven a min como primavera a infancia. Fun feliz na miña aldea das Vendas da Barreira ca miña familia. E o sigo sendo.
Nesta data, sobre todo a noite do 24, procuramos estar todos xuntos arredor da mesa dos meus pais e disfrutar da comida e da boa conversación. Non sempre é posible por que algúns dos meus irmaus, por motivos de traballo, teñen que pasar o nadal fóra da casa, do fogar, coma muita xente.
Pero falemos da comida. Anos atrás intentamos innovar con platos elaborados, pero eso non funcionou e acabamos volvendo ao tradicional. Pulpo á feira e polo da casa ca miña mai tanta pena lle da (a única que non o come). Viño da colleita do meu pai, antes con uvas da nosa viña de Florderrei (a Toscana do Riós), agora cas das parras. Os postres caseiros coma o mazapán. E algo que non pode faltar e que é o meu vicio: uvas pasas de moscatel.
Algo que boto muito de menos e que xa non neva. Antes nevaba en Nadal. A luz era diferente. Polo día esa luz detiña o tempo e logo enchía a noite clara coma un espello de silencio. Nevaba e facíamos bonecos de neve. Con bufanda e zanahoria.
Veñen os bonitos recordos dos meus tíos e primos das Ventas e de Cortegada. Lembro aos que están e aos que se foron pero que viven e vivirán siempre dentro de min. Penso neles para xogar de novo ca ledicia da memoria.
É por eso que non quero esquecer o neno que son. O neno que me di que desa coroa de espiñas brotarán flores. Que a dor deixará o seu manto pousado nos prados. Ca desolación e a tristeza son tan só folerpas de neve.
Agora mismo nesta era dos móbiles espabilados, como di Castor, escribo este texto nun Whatsapp. Borro todo. Collo papel e lápiz. Como cuando era pequeno e escribía aquela carta chea de esperanza. Só os Reises Magos saberán da miña saudade.

Te puede interesar