Política local

Ernesta Seoane, cabeza do novo BNG en Celanova

Ernesta Seoane, no centro, xunto aos demais membros do consello comarcal.
photo_camera Ernesta Seoane, no centro, xunto aos demais membros do consello comarcal.

Ernesta Seoane Álvarez é a nova responsable comarcal do BNG Celanova-Baixa Limia. Foi elixida pola asemblea comarcal para encabezar un consello comarcal que experimenta unha fonda renovación coa entrada de 12 novos militantes, o 70% do novo consello. Con esta designación complétase na comarca o proceso de renovación.

Ernesta Seoane, militante en Celanova, onde participou na candidatura municipal no 2019, foi a número 5 da lista pola circunscrición de Ourense nas eleccións galegas de xullo de 2020. Na actualidade traballa como coordinadora nun centro especial de emprego asociado ao Sergas en Ourense.

Tamén entran no Consello, Jorge Losada, concelleiro en Verea; a responsábel comarcal de Galiza Nova, Ánxela Cao, e dous militantes da organización xuvenil, Laura Pérez e Luís Sotelo; Xan Carlos Grande, da Bola; Noelia Currás e Pablo Iglesias, da Merca; Nuria Rodríguez, de Cartelle; María Rodríguez e Erik Dobaño, de Celanova; e Amavia Méndez, de Ramirás.

Te puede interesar