A despedida oficial do Festival de Cine de Ourense puxo un punto e seguido a 10 días nos que o cine, mostrando tódalas súas caras, foi o protagonista da axenda cultural da cidade.
A noite de onte serviu para clausurar esta XVI edición pero, máis alá do recoñecemento outorgado polos galardóns das diferentes categorías, o OUFF dixo ata logo con doses de reivindicación. Actores coñecidos aproveitaron os micrófonos do certame para protestar pola actual situación do audiovisual galego e polos incendios nos montes galegos. O primeiro en pronunciarse foi Xosé Antonio Touriñán, que reservou palabras de agradecemento para aqueles 'que apagan os lumes que algúns desgraciados prenden', mentres que Alejandro Carro referiuse ó delegado da Xunta, Rogelio Martínez, presente no acto, e a súa viaxe ó Bernabeu mentres ardía Ourense. O resto de compañeiros actores foron críticos coa Consellería de Cultura ea Axencia Galega de Industrias Culturais (Agadic). Ernesto Chao fixo lectura dun manifesto no que 'felicitaban' ás dúas entidades se o que pertenden é 'borrarnos'.
Os actos foron pasando conducidos por Aitor Rei e María Tasende e coa música ó piano de Pablo Souto. A sorpresa levouna o ata agora coordinador do OUFF, Antonio Ginori, ó que buscaron para que entregase o último premio. O filme 'Anos despois' pechou o XVI festival.