Presidenta do Ateneo

ISABEL SALGADO: 'A Cultura é un ben de primeira necesidade e debe ser asequible'

Isabel Salgado, o sábado na cidade de Ourense (Foto: MIGUEL ÁNGEL)
O Ateneo inaugura nova etapa nun momento que está lonxe de poder definirse como óptimo. Isabel Salgado, nova presidenta electa por tres votos de diferencia con respecto ao outro candidato, José Jaime Vázquez, recoñece que a entidade cultural pasa por una situación difícil, pero amósase chea de ideas e de gañas de traballar por recuperar a identidade da histórica entidade.
Que foi o primeiro que pensou tras saberse nova presidenta do Ateneo?
O primeiro que pensei foi que agora o meu equipo máis eu tiñamos moito traballo e moita responsabilidade polo que temos que pórnos mans a obra o antes posible. O líder da outra candidatura, José Jaime Vázquez, deume a noraboa e díxome que, tanto el como os membros que o acompañaban, estarían aí para o que necesitásemos.

Contaba con estes resultado?
Enfrontábamonos a unha candidatura moi forte a nivel cultural e social, pero nós tamén ofrecíamos unha lista moi comprometida e de moita relevancia cultural, contamos con María Luisa Calvo, Premio Nacional de Teatro; Carlos Domínguez (Charly, de Los Suaves) e con socios que traballaron polo Ateneo en momentos moi duros.

Cales foron as primeiras decisións ó aterrizar no cargo?
Nada máis rematar as eleccións envieille un correo á directiva saínte dándolle as gracias pola súa labor tamén ós meus, deixándolle claro que tocaba comezar a traballar dende o minuto un. Ao día seguinte comunicámoslle a todos os ateneos de España a nosa situación actual e o cambio de directiva.

Recuperar este espazo e unha cousa pola que temos que loitar, pero non vai ser algo inmediato e non podemos esperar a iso para retomar a nosa actividade como Ateneo. Teremos que buscar unha sede, aínda que sexa transitoria, para que os nosos socios teñan un punto de encontro e poder desenvolver a nosa función cultural.

Subirá as cuotas dos socios?
Entendo a cultura como un ben de primeira necesidade e asequible para todos. Intentaremos, na medida do posible, que as cuotas dos socios se manteñan nas mesmas cifras. A nosa intención e que todo o mundo poida chegar á cultura.

Diría que estamos unidos. Á marxe das tensións que poidan xurdir nun proceso de eleccións onde hai dúas candidaturas e ao haber persoas que se sintan máis identificadas cunha ca con outra, por enriba de calquera forma de entender o Ateneo está a institución, e ante eso os socios podemos dicir que son fieis.

Como ve o futuro desta entidade cultural?
Non vai ser un camiño de rosas, polo menos ao principio, fará falta moito traballo e sacrificio por parte de todos, pero o final será feliz, cheo de moitas cousas boas. Somos xente con moitas ganas, con intención de darlle ao Ateneo un carácter renovado.

Que lle diría aos socios potenciais?
O Ateneo é un foro aberto de cultura, unha sociedade libre na que estamos abertos a todas as novas ideas, todo por e para a cultura.

Te puede interesar