Rezuma ourensanismo e ama a Galicia; non ten conciencia de clan familiar, pero xúntase con máis de medio cento de parentes cando se tercia. Tampouco lle pesa o apelido, agás para reivindicar ós seus antepasados ilustres.

O laio polo Ourense que se perde

Rezuma ourensanismo polos catro costados: vive no Paseo e percorre as ruas con esa figura a medias entre gentleman e paseante despistado, que en realidade responde a un tipo tranquilo consigo mesmo e despreocupado dos asuntos mundanos de escaso calado.
Non sinte peso polo apelido, nin se sentiu nunca condicionado por íl, ainda que en ocasións reivindicou ós seus ilustres antepasados. É que seu pai foi don Juan Saco Maureso e seu tío-avó, don Juan Saco e Arce, e o seu avó, Cándido Cid, todos iles inxustamente esquecidos e esco recoñecemento institucional, pensa Juan Luis. 'A outros con menos mérito adicáronlles o Día das Letras', subliña.

Foron oito irmáns, ainda que unha xemelga de Montse -muller do ilustre xornalista Luis Padrón- morreu de pequena e despois desapareceron Juan Ramón e a propia Montse. Quedan cinco e as suas familias; íl ten oito fillos. Ainda así, tampouco ten de pertenza a un clan familiar, por máis que irmáns e cuñados se reúnan prácticamente todas as semanas ou que no último nadal se xuntaran á mesa 'coarenta e oito adultos e vinteoito menores de vinte anos; todos Saco', dí con evidente satisfacción. Fixo violín e toca a guitarra 'pero non son musico, son malo'. En cambio admítese melómano nunha familia 'que nos gusta moito cantar'.

Naceu no número 1 da rua Hernán Cortés e foi o colexio das Carmelitas, 'cos irmáns Heriberto e Xaime Quesada e con Celso Barreiros, pero con quen de verdade aprendín foi co meu pai'. O outro avó era Manuel, farmacéutico non exercente e home de firmeza de carácter, como revela cando 'tiña que vir dende Alongos a Ourense para declarar por un pleito, pero ó chegar a un regato a sua mula non quixo pasar; a comparecencia era ás doce da mañán e chegou ás sete da tarde', despois de que o animal cedera na sua intolerancia frente a teimosía do amo.

Fixo o bacharelato -'o de verdade, de sete anos', mentras clama por unha modificación 'de verdade', porque íl viviu 'once reformas e cada unha empeora un pouquiñoa anterior'- no Instituto que seu pai dirixiu durante máis de vinte anos. Despois clásicas en Santiago e Salamanca. Estreouse como profesor en Coria, en Cáceres, onde seu pai había sido catedrático, e onde empezou tamén o fillo que hoxe ocupa a sua plaza no Otero Pedrayo, cuarta xeración de profesores que imparten Latín no centro.

Fixo un pequeno paréntese na docencia pola política como director xeral de Cultura nos tempos do tripartito, e puxo a andar o Instituto Galego das Artes Escénicas e Musicais (Igaem), como primeiro presidente. Antes xa participara como candidato ó senado pola UCD en 1982. Despois seguiu a Franqueira na aventura coaga. A experiencia política foi gratificante, ainda que 'ca espiniña de non termos sido capaces de aproveitar aquela oportunidade de goberno'.

Dóenlle a situación de Galicia e Ourense. 'A culpa foi da nosa xeneración; non soubemos darlle o pulo que necesitaba no momento adecuado. O malo foi que quenes nos seguiron fixérono peor; ver marchar de Ourense rapaces tan preparados resulta espantoso. A despoboación é o pior mal que nos acosa', sentencia en tono de laio. Cré que o destino poido cambiar no seu día 'se Franqueira non enfermase e poidese seguir algún tempo máis, porque aquil proxecto consolidaríase e xogaría un papel moi importante para Galicia'.

Sobre Ourense, lamenta que 'a Universidade non fose capaz de incardinarse no pobo, presa do mal da universidade española, que sufre un tremendo complexo de Edipo. Sae no periódico que se reúnen, fan charlas... pero non é eso'. Esa endogamia 'foi un dos impedimentos para o progreso. Non se fai cultura nin se leva a universidade á sociedade, agás excepcións honrosas, como a de Jesús de Juana'.

No persoal, agora adícase 'a min mesmo; leo, escribo sen publicar, xogo cos netos, escoito música e asisto a concertos'. Está na xunta de goberno da Fundación Otero Pedrayo e da Coral de Ruada, colectivos para os que non augura futuro optimista, tal como están os tempos. E fai ca sua muller que o fin de semana coincida cando ós dous lle peta: sexa sábado ou martes'.

Te puede interesar