María do Ceo: ‘Canto o que lle gusta ó pobo’

LR-  ‘Tan lonxe’ é o último traballo de María do Ceo, un disco popular que nace da aclamación do seu público e desa fusión galaico-portuguesa, que na artista ten un selo único.

É o disco número sete dunha artista que nace nun día 7 e que presenta traballo novo no ano 2007. Nada é causal na vida de María do Ceo, que prosegue a súa andaina profesional coa vista posta ‘Tan lonxe’, título do seu último traballo, que o sábado estreará no Pazo de Guizamonde e no Auditorio de Cambados.

Unha ducia de cancións integran o seu novo traballo. ¿Como foi a selección?

Levo máis de doce anos sobre os escenarios e a xente aplaude máis unhas músicas que outras. Coas cancións, o que fago sempre e que collan solera dentro de mín e despois cántoas ó publico e, precisamente, foi o público o que decidiu que fixera este disco. Eu son unha cantora popular, canto o que lle gusta ó pobo. Sempre digo que son a anti-artista porque cando vexo nun concerto que me veñen pedir autógrafos eu quédome hasta o final para atender ó publico e devolverlles un pouco de todo o que me dan. Despois de cada concerto a xente achégase a min para decirme: ‘Onde podemos atopar a canción do Sacristán de Coímbra ou calquer outra’ e foi así como naceu este disco coas cancións máis aplaudidas. O único que decidín foi a orde. Sempre despido os meus concertos con Orballadas, e por eso pensei que debía abrir o disco.

¿Quedoulle algunha espiña por deixar fóra cancións?

Tiña pensado incluir outras cancións como María Soliña pero xurdiu a posibilidade de facer un disco cos poetas de Celanova polo aniversario de Curros Enríquez. Será no 2008 e por esto hai cancións que quedaron apartadas para ese traballo.

¿Por que ‘Tan lonxe’?

O título foi buscado porque fai referencia as músicas tan lonxe de aquí. Son cancións de ausencia, como ‘Galicia miña terra’, que fala do amor cun deixa o outro lado do río. Ese é o significado deste disco, ás veces non estamos onde queríamos estar aínda que estamos consumindo o mesmo ar, pero non estamos xuntos fisicamente.

Patricia Krauss foi a encargada de facer o prólogo e di que o disco é coma un viaxe en tren, un percorrido dende Camariñas a Lisboa, onde vou incorporando a música e os estilos de cada pobo. Ela fala dunha mestizaxe de estilos e de sons e para min e todo un orgullo recibir estas verbas porque é como digo eu: ‘Se o Papa é quen conduce o coche, quen vai dentro del’.

Nunca se pode falar de cancións preferidas pero ¿con cal te quedarías de todas elas?

Creo que con ‘Negra som bra’, porque para mín é a desesperación dunha persoa que está mal físicamente, cun cancro, e que non ve saída. Recentemente, sufrín unha pérdida dunha persoa moi achegada e recordei esta sensación.

Eu vexo a música como esa lingua galega tan rica, e que aínda pudo ser máis, e que viviu aquela negra sombra que non nos deixaba usala. É unha canción moi sentida para mín, choro por dentro cando a canto e ás veces as bágoas saen para fóra. Eu doulle ese aire de fado. Se Rosalía nacese en Portugal sería unha das poetas máis cantadas porque todas as súas letras son fados.

Para eso estou eu aquí para cantar ós poetas portugueses con música galega e facer dos galegos fado. Canto a Castelao, a Celso Emilio e canto a Arlindo Carvalho.

É unha fusión natural na súa música.

Eu, todas as músicas, tangos, boleros, lévoos ó fado. É un selo, un estilo propio e único: o María do Ceo. Síntome galega e portuguesa e estou moi orgullosa de poder vivir do que fago en Galiza, en Portugal e agora que tamén imos cunha xira a Exipto e a Loussane. Ademais é a primeira vez que me piden presentar o disco en Lisboa despois de acabarllo de mandar.

¿A que soa Ourense?

Quizáis a ‘Cançon da Beira Baixa’, que di ‘coñezo os cantos da serra’ e eu coñezo os montes das Eiroás, de Guizamonde, onde me escondía con miñas amigas para fumar, agora xa non fumo. Aínda que O río da lúa tamén fala metafóricamente dunha cobra silandeira que é o río. O Miño ten moito que ver conmigo. Eu bauticeime no Douro pero bebín e sigo bebendo do Miño.

Te puede interesar