Parada de Sil celebrou a Festa da Pisa da Castaña

O Concello de Parada de Sil pechou onte as actividades de outono coa celebración da segunda edición da Festa da Pisa da Castaña, que tivo lugar en Chandrexa de Sil-Purdeus.
Este ano asistiron máis de 300 persoas, que poideron disfrutar do arranque da celebración, cando un veciño botou pola fiestra a primeira saqueta das castañas, que logo foron golpeadas conta o pisón, participando ás veces máis de cinco veciños xuntos. De seguido, procedeuse ó seu cribado, para ser conservadas como antigamente, o que permite que duren hasta o mes de xullo gardadas nas arcas de madeira.

En paralelo organizouse unha feira de productos locais e artesanais, con más de vinte expositores, que foron visitados ó longo de todo o día polos asistentes á Festa e nos que se ofrecían, entre outros artigos, productos da zona como viño, mermeladas e queixos.

Os barquillos de Parada de Sil feitos no momento foron un gran éxito entre os asistentes, que contaron cun grupo de gaiteiros para amenizar a celebración.

O remate foi un xantar, no que o producto estrela de cada plato foi a castaña, rematando coa bica de Parada de Sil.

Te puede interesar