OBSERVATORIO ECONÓMICO

A Baixa Limia lidera o descenso do paro na provincia en 2014

inorde_result
photo_camera José Antonio Armada (i), e Jsé Manuel Rodríguez

Los municipios de Entrimo y Muiños crearon empleo neto el año pasado, creciendo un 3,5% en sus respectivos mercados de trabajo

Os concellos da Baixa Limia lideraron o descenso interanual do paro máis forte da provincia, cunha reducción do 12,5% na cifra total de parados, que suma os 520. Este é un dos datos aportados na presentación do informe comarcal elaborado polo Observatorio Económico da Deputación que tivo lugar onte en Bande, ó que asistiron o alcalde José Antonio Armada, e o director do Inorde, José Manuel Rodríguez.

Segundo o informe, a perda de afiliacións á Seguridade Social retrocedeu o ano pasado de xeito case que inapreciable na comarca, con un -0,2%. Dous concellos, Entrimo e Muíños, conseguiron, segundo o Observatorio, crear emprego neto, crecendo os seus respectivos mercados de traballo un 3,5%. O paro interanual baixou en todos os concellos, agás en Lobeira, e as reduccións máis importantes déronse en Lobios (-25,3%) e Bande (-15,6%).

Sinala asimesmo o informe que o 55% do emprego industrial da comerca concentrase no subsector da alimentación e bebidas, mentres que a hostalaría xera a terceira parte dos empregos comarcais do sector servizos.

Te puede interesar