OS XARDíNS DE OURENSE

Praza da Mariña

Praza da marina
14-12-15
photo_camera Zona con mesas na praza da Mariña.

Espazos verdes arborados, illas rodeadas polo tráfico rodado, singulares lugares de xuntanza para o lecer dos veciños, espazos para o descanso e contacto ca natureza

Espazos verdes arborados, illas rodeadas polo tráfico rodado, singulares lugares de xuntanza para o lecer dos veciños, espazos para o descanso e contacto ca natureza, e así poderíase dicir outras moitas denominación para describir estes singulares lugares urbanos existentes dentro das nosas vilas e cidades, todos eles espallados pola xeografía galega dedicados exclusivamente como pulmóns, ademais de constituír lugares ideais tanto para o esparexemento como o lecer dos propios veciños e usuarios. 


praza_marina_001_resultO parque da praza da Mariña, situado a carón da avenida de Santiago, no barrio da Ponte, ten unha superficie comprendida entre 868 e 992 metros cadrados, atopándose rodeado polas rúas da avenida de Santiago, río Arnoia e Bibei. A súa forma xeométrica é irregular. A preside no primeiro tramo unha pequena e creativa fonte circular, de construción moderna pero a imitación das de estilo clásico. Conta con tres cuncas, construídas en fibrocemento, atopándose rodeada por dous parterres abertos nos extremos o que facilita o paso á zona. 


Tras un pequeno espazo aberto, iniciase o segundo tramo, ocupado por diversos espazos verdes que cubren a totalidade do recinto. Nun lateral existe un porque infantil de uso para os cativos comprendidos entre 2 e 6 anos. Tamén complementa este espazo a presencia de varias mesas de pedra asentadas sobre lousas. Neste punto atópase o símbolo identificador do parque, unha grande áncora mariña apoiada nun dos seus brazos. 


No último espazo sitúase o recinto cuberto por unha pérgola circular de madeira sostida por sete postes destinada á protección meteorolóxica do recinto, e que da acubillo a dúas mesas acompaña dos respectivos bancos destinado ó espazo de xogo. O terreo rodease por un parterre de forma xeométrica semicircular.


Pradairo, folla de freixo, estripeiro, Pyracantha angustifolia e crenato-serrata, ambas especies coñecidas polo nome vernáculo galego de espiño de fogo, pertencentes á forma biolóxica das árbores caducifolias mesturado con algún exemplar botánico do alfaneiro, catalogado na especie do perennifolio e semicaducifolio, acompañanse de exemplares da planta coñecida como waigela florida, oriúnda de países asiáticos como Corea, Xapón ou a China.


A creación do parque como tal remontase ao período de mandato do alcalde López Iglesias e a súa denominación como parque da Mariña estivo relacionado ca presencia na zona do popular bar Tocho, coñecido pontino que serviu na mariña militar, polo que atesouraba no seu bar numerosos elementos decorativos relacionadas con estas forzas militares do mar. O acto da inauguración do parque contou cunha importante representación das autoridades de Mariña que colaboraron activamente no lucimento do evento, ca entrega da áncora que actualmente luce no interior do xardín. 

Te puede interesar