Premio aos escolares de Ourense na honra de Otero Pedrayo

Entrega dos galardóns Otero Pedrayo.

Foto. Xesús Fariñas
photo_camera Entrega dos galardóns Otero Pedrayo. Foto. Xesús Fariñas
Ourense foi a gran triunfadora nos III Premios Otero Pedrayo, que achegan ós escolares a figura do escritor

Un estudo sobre as paisaxes na obra de Otero Pedrayo, outro dos seus anos preuniversitarios, unha biografía en verso  ou un videoxogo foron algunhas das obras recoñecidas en Trasalba durante a entrega dos terceiros premios Otero Pedrayo, concedidos  pola fundación que leva o seu nome co apoio da Xunta de Galicia. Un acto que tamén quixo conmemorar os 48 anos do pasamento do integrante da Xeración Nós, e no que o secretario xeral de Política Lingüísitca, Valentín García, loou o traballo dos escolares participantes.

Talento ourensano

Ourense foi a gran triufadora, con dous galardóns na categoría de Bacharelato, un estudo da poesía e xeografía de Otero Pedrayo, e un análise da súa traxectoria preuniversitaria. O IES de Ponteceso recibía un accésit polo seu traballo “Violencia e delito en O Mesón dos Ermos”.

Na categoría de Secundaria, o IES San Rosendo de Mondoñedo era recoñecido por un videoxogo para a aprendizaxe de galego, que foi eloxiado pola aplicación de novas tecnoloxías. Outro accésit foi para o IES Chan do Monte de Marín, por unha biografía en verso de Otero Pedrayo.

Te puede interesar