RENOVACIÓN EN EL DEPORTE
Luz verde para los campos de fútbol de Esgos y Pereiro
Catro estudantes de 2º de Bacharelato do Instituto Otero Pedrayo recollen hoxe dous premios polos seus traballos dedicados á obra e vida do ilustre escritor e investigador que dá nome ao seu centro de estudos. Todas elas presentaron datos inéditos vencellados á figura do intelectual galeguista. Concretamente, Lucía Gómez foi premiada na categoría individual por facer un estudo titulado “Poesía e Xeografía de Bocarribeira”. No documento, afóndase na importancia da xeografía de Amoeiro, a partir de dito poema. Pola súa banda, Celia Rodríguez Fernández, Nerea Rodríguez Andrade e Lidia Rodríguez Domínguez foron galardoadas na categoría grupal pola súa análise de Ramón Otero Pedrayo como alumno no centro que era entón o Instituto Provincial e que agora ten o seu nome.
Estas alumnas recibiron a condecoración polo seu esforzo de investigación “de forma inesperada”. Lucía Gómez, estuda o bacharelato de excelencia. Esta modalidade “implica máis horas e traballos de investigación que nos preparan para a universidade”, indicou. Con esta motivación, Gómez inspirouse para realizar o traballo sobre o poemario. “Aproveitei que o tiña feito e presenteino a estes premios. A verdade é que aínda non mo creo”, relatou.
Para a estudante, estes premios son relevantes a nivel persoal, xa que quere dedicarse a “chegar a impartir docencia en galego”, indicou. Tamén expresou o desexo de ter unha conversa co ex presidente da Real Academia Galega, Xesús Alonso Montero, o cal acudirá ao acto de entrega de premios. “Para min é todo un honor coñecelo”, indica a galardoada individual.
Unha situación similar viviron Celia Rodríguez Fernández, Nerea Rodríguez Andrade e Lidia Rodríguez Domínguez. A “sorpresa” de ser gañadoras “vino por sorpresa” e aínda están “asimilando la noticia”. Así pois, segundo a portavoz do grupo, Celia Rodríguez, reciben o premio como un “orgullo para la imagen del instituto”, indicou. “Es un reconocimiento a nuestro trabajo, pero más para el instituto, que es el que tiene un importante archivo histórico sobre el escritor y eso merece visibilización”, expresou.
Para as premiadas, facer estes traballos de investigación afectoulles a nivel persoal. Celia Rodríguez indicou que, para ela, o máis significativo foi aprender que “la vida te va llevando a donde tienes que ir. Investigar la vida de Otero Pedrayo te enseña eso”, indicou. Pola súa banda, para Lucía Gómez implicou mellorar a aprender a facer “unha investigación”, comentou. “Ao comezar a experiencia non sabía nin por onde comezar e agora síntome moito máis reforzada e confiada para facer un traballo na universidade, por exemplo.”
Contenido patrocinado
También te puede interesar
RENOVACIÓN EN EL DEPORTE
Luz verde para los campos de fútbol de Esgos y Pereiro
ACCIDENTE DE TRÁFICO MORTAL
Muere una mujer y otra persona resulta herida en un atropello múltiple en Bentraces
SENTENCIA JUDICIAL
Varapalo a Remar por usar a voluntarios para su negocio en Ourense
LARGAS RETENCIONES
Caos en la N-525 a su paso por Ourense por el cambio de carriles cortados
Lo último
FIN A UN MES SIN MÉDICO
El centro de salud de Beade vuelve a tener un médico
UNA CARRERA SOLIDARIA
El deporte de Valdeorras une fuerzas contra el cáncer
La Región
Día de la Ecología